Temas: UDC RESCATE AP-9 BNG

O BNG reclama o rescate da AP-9 despois do estudo da UDC que calcula en 900 millóns de euros

O estudo concluíu que as prórrogas outorgadas á concesionaria da AP-9 son "ilegais porque supoñen un cambio substancial nas condicións que debese ter implicado, naquela altura, a saída a concurso público"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2024 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia



O BNG rexistrou varias iniciativas nas Cortes para instar o Goberno central que proceda ao rescate da AP-9 como "a mellora das opcións para as arcas públicas" tras coñecer o estudo que a formación nacionalista encargou á Universidade da Coruña (UDC).

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, convidou ao Ministerio de Transportes a aproveitar o momento actual, no que a Comisión Europea declarou nula a prórroga, e rescatar a concesión para conseguir unha AP-9 libre de peaxes e proceder posteriormente a súa transferencia a Galicia.

O estudo, detallou o BNG nun comunicado, realizado por expertos da UDC, concluíu que as prórrogas outorgadas á concesionaria da AP-9 son "ilegais porque supoñen un cambio substancial nas condicións que debese ter implicado, naquela altura, a saída a concurso público".

O documento establece unha valoración do custo do rescate da estrada en 904,7 millóns de euros, xa que ao ser declarada nula esta prórroga, a concesionaria "non tería dereito" a ser compensada polo diñeiro que deixaría de gañar ata o final do período de explotación.

Para Rego o rescate "non só é unha alternativa perfectamente factible" senón a "mellor tanto para os usuarios como para as arcas públicas".

Punto do accidente rexistrado na AP-9.. DGT
Punto do accidente rexistrado na AP-9.. DGT

Temas: UDC RESCATE AP-9 BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta