Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/01/2016 | Actualizada ás 21:20
Na categoría de pequena empresa, no eido social, resultou galardoada Metal Ferrol; no eido ambiental, o premio é compartido para Encapsulantes de Valor Añadido e Generadores Europeos; e a mención nesta categoría é para Porto-Muíños. E no ámbito económico resultou premiada Ambical Proyectos.
Con respecto á mediana empresa, no ámbito social, o recoñecemento é para Feiraco, e no eido económico para a Autoridade Portuaria da Coruña. Por último, na gran empresa resultou gañadora Gadisa, no eido social; e Conservas Calvo obtivo o galardón no ámbito ambiental e a mención no económico.
O xurado estivo composto por representantes das organizacións empresariais e sindicais intersectoriais máis representativas de Galicia, persoas expertas en RSE, así como por membros da Xunta.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria indica que celebrará a finais do mes de xaneiro o acto de entrega destes premios que pretenden ser "un recoñecemento público a aquelas iniciativas e boas prácticas desenvolvidas polas empresas galegas en calquera das dimensións ou ámbitos da RSE".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.