Espectacular accidente no centro de Vigo cun coche envorcado

Foi necesario excarcelar aos ocupantes.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/10/2024 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Dúas persoas tiveron que ser excarceras tras chocar contra a mediana e envorcar co seu vehículo na avenida Arquitecto Antonio Palacios, en Castrelos, Vigo. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 00.00 horas deste sábado e foron varios os particulares que alertaban do accidente.

Ata o punto desprazáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Vigo, que, unha vez finalizaron as súas tarefas, explicaron que foi necesario excarcerar a dous ocupantes que foron trasladados ao centro hospitalario de referencia. Ademais, no operativo tamén participaron a Policía Local e os efectivos de protección civil.

Un equipo de excarcelación dos bombeiros
Un equipo de excarcelación dos bombeiros | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta