A Xunta aproba un novo edificio para o Centro de Supercomputación de Galicia

O centro, que estará listo en xuño de 2026, suporá un importante incremento da capacidade de cálculo e almacenamento científico do Cesga, o que permitirá avanzar máis rapidamente na xeración de coñecemento e na innovación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2024 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este luns a autorización do expediente de contratación do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) para a redacción do proxecto básico e de execución e a construción dun novo edificio.

A Xunta lembrou que se trata dunha obra que terá un investimento de máis de 12 millóns de euros e que albergará novas infraestruturas tecnolóxicas avanzadas.

Este é a primeira do catro investimentos que o Goberno galego levará a cabo para situar á Comunidade como referente a nivel nacional e internacional no ámbito da computación cuantíca e que suman un total de 56 millóns de euros.

En concreto, o Goberno galego construirá este edificio nunha parcela da súa propiedade no polígono da Sionlla, en Santiago de Compostela, que estará a disposición de toda a comunidade científica e das empresas.

O centro, que estará listo en xuño de 2026, suporá un importante incremento da capacidade de cálculo e almacenamento científico do Cesga, o que permitirá avanzar máis rapidamente na xeración de coñecemento e na innovación.

A licitación sairá por 10,9 millóns de euros, orzamento ao que se sumarán outros conceptos que elevarán o investimento do edificio a máis de 12 millóns de euros.

USO DO SOFTWARE LIBRE

Por outra banda, a Xunta renovou o seu compromiso a favor do software libre a través dun acordo de colaboración que asinarán proximamente a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol).

O Consello do Goberno galego autorizou este luns este acordo cun orzamento de 60.000 euros para o período 2024-2025.

Supercomputador Finisterrae do CESGA
Supercomputador Finisterrae do CESGA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta