ENCE sobe un 11% en bolsa no medio dunha tormenta política

O PSdeG e a Marea piden ao BNG que declara a Rajoy persoa non grata en Pontevedra. O alcalde critica a concesión da prórroga, foco dun duro debate parlemantar.

Por M.V. | Pontevedra | 26/01/2016 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

As accións de ENCE pecharon a 2,62 euros o último venres. Arestora, cotizan a 2,91 euros. É dicir, dende que se soubo que o Estado prorrogaba a concesión de Lourizán os títulos revalorizáronse un 11%. Nese mesmo período, o IBEX 25 caeu un 0,3%.

Operarios de ENCE trafegando madeira
Operarios de ENCE trafegando madeira | Fonte: ence.es

O diferencial mostra claramente a importancia da polémica decisión tomada polo Goberno en funcións. Unha prórroga por sesenta anos que está a desatar un furacán reaccións, non só en twitter, senón tamén na vida política e social do país.

A nivel local, por exemplo, a oposición de esquerdas está enfadada. PSdeG e Marea queren que o Concello de Pontevedra, onde goberna o Bloque, declare ao presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, como "persoa non grata".

Buscan así meter presión ao goberno do BNG. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores non se pronunciou sobre esta petición. Iso si, o nacionalista deixou clara a súa oposición á prorroga, que cre produto dunha decisión “centraliza e antidemocrática” para favorecer a unha “empresa altamente contaminante”. "O goberno do Estado acaba de regalarlle a unha empresa privada máis de mil millóns de euros", valorou hoxe Lores.

E o PP que di a todo esto? Cómpre lembrar que a Xunta de Alberto Nuñez Feijóo prometera sacar a Ence da Ría. Hoxe aplaude a decisión do goberno en funcións. "Este goberno está ao lado do emprego, dos traballadores e do futuro sustentable da comunidade", declarou a conselleira Beatriz Mato. A política dixo que botar a Ence suporía prescindir de 800 traballos directos, asumindo as cifras da industria. Mato ocupa o posto de conselleira de Medio Ambiente, o mesmo que ocupara Carlos del Álamo, hoxe sentando no Consello de Administración de Ence.

Producción de papel na fábrica de Ence en Lourizán, pontevedra, nunha imaxe facilitada pola empresa
Producción de papel na fábrica de Ence en Lourizán, pontevedra, nunha imaxe facilitada pola empresa

A porta xiratoria tamén funcionou a nivel do PP estatal. O cargo que ocupa agora Isabel García Tejerina ocupouno no seu día Isabel Tocino Biscarolasaga, hoxe tamén con cadeira no Consello de Administración de Ence.   Tejerina argumentou esta mañá que a prórroga busca que a celulosa "poida seguir mantendo todo o emprego que xera" e, asumindo tamén o discurso da corporación, sinalou que ENCE comprometeu "investimentos moi importantes en Pontevedra".

No Parlamento, o portavoz de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, censurou hoxe a prórroga á factoría de Ence en Lourizán para os próximos 60 anos “feita por un goberno en funcións e coa complicidade da Xunta”. Na comparecencia da conselleira de Medio Ambiente, o responsable socialista dixo que a decisión coñecida onte “pon en evidencia as continuas e reiteradas mentiras do PP”.

A deputada do BNG, Ana Pontón colocou na tribuna un cartaz como protesta pola prorroga de 60 anos a ENCE concedida onte polo Goberno central en funcións. O cartel foi retirado por un uxier á petición do novo presidente da Cámara, Miguel Santalices. A Mato Pontón espetoulle que “vostede, Feijóo e Rueda teñen unha responsabilidade directa avalando un informe para que ENCE puidera continuar a pesar mesmo de ir en contra do programa electoral do propio Núñez Feijóo no ano 2009”. 

“As portas xiratorias do PP con ENCE son de sobra coñecidas e mostran a sensación de impunidade dos dirixentes populares”, denunciou o deputado Antón Sánchez. O deputado de AGE adiantou que o seu grupo recorrerá xudicialmente a prórroga.

Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán
Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán | Fonte: ence.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Galiñeiro

Que opina o BNG de Reganosa e Forestal del Atlantico?

2 Marea de pasta de ENCE

http://www.lavozdegalicia.es/pontev... http://ccoo-ence.blogspot.com.es/20... http://www.farodevigo.es/portada-po...

1 Comunista

Bo intento. Pero mintes. http://enmarea.gal/en-marea-por-un-... Agora dínos, cal é a postura sobre ENCE do Grupo Parlamentar do BnG no Congreso? Eh?

1 Gamela

Non teño nada a favor de Mariano nin da pandilla de ladróns do PP, pero moito ollo ás estratexias do PSOE especialmente cando veñen de Abel e Carmela Silva... A semana pasada pretendían declarar persoa non grata a Beiras / AGE porque din que son os que se opoñen á modificación do artigo la Lei do Solo de Galicia que lles permitiría modificar os temas do PXOM Vigués ilegalizado... Así que non me explico como as Mareas son tan parvas que pican nas liortas dun PSOE cada vez máis morto e cada vez máis de DEREITAS (como se poder ver en Vigo) ?

1 Gamela

Como non tiñan quorum modificaron a moción: "Moción do Grupo municipal Socialista recoñecendo o interese por Vigo a tódalas forzas políticas que facilitaron a tramitación da emenda "in voce" ó art. 144 da Lei do Solo. Esixir á AGE que non vete o debate desta emenda ao ser fundamental para o desenvolvemento de proxectos de excepcional interese público na Cidade." http://xornal.vigo.org/xnnoticia.ph... As Mareas están sendo moi pouco SENSATAS no seguidismo do PSOE Galego!!! Logo, cando recuperen votos, farán o mesmo que fan en Madrid: Mareas ao Galiñeiro!!!