Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

82 Esmendréllome

Eu fiariame tanto de Amoedo como de Lobeira. É dicir, se os vexo a cen metros, agarro forte a miña carteira. 8)

81 anonimo

Cando se fala de ouvidas e mellor estar calado, Chaparello. O de BNG de Cambre e ben distinto do que dís, este señor...? botóu aos Concelleiros bos e cambeounos a dedo polos obedientes. Todo fai sen asembleas. Goberna tipo Franco, non atendendo nin a primeira proposta que lle fagan os seus compañeiros. Xa a mirada que ten arreda a calqueira, parece Lucifer.

80 Lena

no entiendo muy bien cómo se confeccionan las listas pero parece que los nuevos o posibles en las listas autonómicas aún son peores que los anteriores. A mí que alguien me lo explique. Dónde va el Roberto Mera?

79 baby

Pois eu creo que Quintana ten que explicar por que bota a Ánxela Bugallo. Según publicou El País aquí:
http://www.elpais.com/articulo/Gali...
, Quintana estaba ao tanto de todo o da Cidade da Cultura, e participou en todo. Así que nos explique, se ten a ben, por que a bota e, xa de paso, a quen vai poñer no seu lugar.

78 anónimo

nada, nada, non bloque non pasa nada. nunca pasa nada na papanatada