Leite a 0,39€ no Corte Inglés

Este grupo comercial é un dos que se comprometeron a subir o leite para que os gandeiros poidesen recibir un prezo digno.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/01/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) denuncia que o Hipercor puxo en marcha a campaña "50% de Rebote" e o leite é un dos produtos que forman parte da mesma. Acompaña a denuncia cunha foto na que efectivamente o supermercado de El Corte Inglés anuncia un litro a 0,78; e de "rebote" outro a 0,39.

Oferta de Leite no comercio Hipercor do Corte Inglés
Oferta de Leite no comercio Hipercor do Corte Inglés | Fonte: UCGAL FB

Segundo recorda Campo Galego, o portal que sigue polo miúdo a actualidade do agro do país,  El Corte Inglés, propietario dos supermercados Hipercor, alcanzou o pasado martes un compromiso coa Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego para subirlle 2 céntimos nos pagos do leite ao seu provedor de marca branca, Central Lechera Asturiana, para que traslade esta subida aos gandeiros. 

UCGAL sinla pola súa parte que "non é a primeira vez que atopamos ofertas, promocións ou prezos que, como consumidores responsables, debemos rexeitar". Así lembra que o Supeco de Vilagarcía chegou a vender leite a 28 céntimos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 mixiño

Non parece verdade. Se de rebote levas o 50%, o leite está a 78. Esta campaña e habitual con moitos productos, pero o leite está a 78. Eu non teño tarxeta para que me devolvan nada e se vou mercar, é o que pago polo leite. Non sexades sensacionalistas.