Amigo Tinto, Pachi é un gran exemplo do mesmo que foi Cuíña, que é Baltar ou que foi outro Vázquez, don Paco Medallas: exemplo de cazo, de acoso laboral, de caciquismo..... por que ninguén se para a sacar contas para ver de donde sae o patrimonio dun conselleiro? por que non se mira que o constructor que lle está a facer unha mansión en Montes (San Amaro) é o mesmo ao que lle caen as contratas de Medio Ambiente (co cal a casa lle sae gratis porque a facturan nas contratas, o mesmo constructor que foi candidato do PSOE en San Amaro e que está denunciado por dar cheques sen fondo. De donde saen os cartos para montarlle o conselleiro á súa filla unha fábrica de cosméticos no Carballiño que traballa en exclusiva para a Fundación San Rosendo? Por que a clínica de fisioterapia que ten no Carballiño está a nome dun fillo que non está a fronte dela porque é atleta e está en Madrid? De donde sairon os Toyota Land Cruiser, Audi A3, BMW e Mercedes que se mercaron o conselleiro e a súa familia aos poucos meses de acceder ao cargo? De donde sae a pasta para manter os seus cabalos, Cuadra San Amaro, como "internos" no hipódromo da Zarzuela.... Mentras sigan existindo tipos como Baltar, Pachi Vázquez, Francisco Vázquez e similares a democracia en Galicia non será máis que unha triste patochada.