O grupo Chévere desembarca en Culturgal 2024 coa súa primeira 'Ultranoite Cultureta' en Pontevedra

Esta Ultranoite única será o sábado 30 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. "Volvemos a Culturgal cunha Ultranoite para presenciar o conflitivo divorcio da industria e a cultura. Non foi máis que un matrimonio de conveniencia? Non houbo amor? Ou foi un amor imposible?", cuestiona a compañía.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/11/2024 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O Culturgal 2024 será o escenario de 'Ultranoite Cultureta', un espectáculo que o grupo Chévere preparou unicamente para a Feira das Culturas Galegas. Con esta obra, a compañía chega a Culturgal para achegarse ao estado da cultura galega e visitar algúns dos seus lugares comúns.

Esta Ultranoite única será o sábado 30 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. "Volvemos a Culturgal cunha Ultranoite para presenciar o conflitivo divorcio da industria e a cultura. Non foi máis que un matrimonio de conveniencia? Non houbo amor? Ou foi un amor imposible?", cuestiona a compañía.

Así, o espectáculo tenta atopar respostas a outras preguntas: "Somos unha potencia cultural? A nosa enerxía cultural mídese polo número de premios e medallas concedidas por metro cadrado? Quen é quen na santa compaña da cultura galega? É a Cidade da Cultura un cambio de paradigma con respecto á tipoloxía das Casas da Cultura? Hai vida máis aló da subvención?"

ENTRADAS E ABONOS

As entradas e abonos do Culturgal 2024, que se celebrará do 29 de novembro ao 1 de decembro en Pontevedra, xa están dispoñibles na web cultur.gal. A compra anticipada supón descontos, con prezos de tres euros a entrada dun día, cinco euros o bono do tres días, e prezos especiais para familias e público infantil.

A entrada anticipada para o espectáculo de Chévere é de 22 euros e inclúe o acceso dun día ao Culturgal. Están tamén á venda as entradas para 'A meniña e ou grilo nun barquiño', de Magín Branco. O venres 29 de novembro, ás 21.00 horas no auditorio, haberá un concerto da Banda Xangai e a estrea do documental 'Bravú XXX', gratis coa entrada a Culturgal.

Grupo Chévere
Grupo Chévere | Fonte: CULTURGAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta