Ana Luisa Bouza: “O ciclo do BNG rematou”

Quen foi directora xeral do Servizo Galego de Igualdade no Bipartito deixa o Bloque cansa, di, de dar batallas que sempre perde. A decisión da maioritaria UPG de evitar unha confluencia electoral coas mareas foi o desencadenante da súa decisión. Unha decisión que ten que ver, ademais, cos consecutivos fracasos electorais dunha organización que segue empeñada en “non cambiar”. “O mundo nacionalista fóra do BNG é moi amplo”, di en declaracions a GC.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/01/2016 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Ana Luisa Bouza acaba de despedirse de anos de militancia no BNG. Anos nos que chegou a confiar en que esta formación podía funcionar como motor dun cambio en Galicia. Eran os anos de Quintana como vicepresidente da Xunta, cando o nacionalismo chegou ao Goberno galego e comezou a facer política de país.

Ana Luisa Bouza
Ana Luisa Bouza | Fonte: crtvg.gal

Pero algúns erros propios e, sobre todo, campañas políticas e mediaticas, evitaron que ese cambio do nacionalismo collera forma. Desde entón, os golpes para o Bloque son constantes. Aquel cambio xa non existe e hai outros cambios, aos que a dirección do BNG actual non se quere sumar ou, sinxelamente, non quere ver.

Por iso, quen foi directora xeral do Servizo Galego da Igualdade nesa Xunta e unha das voces diferentes que aínda quedan nun case que monocolor BNG,  Ana Luisa Bouza, acaba de deixar o barco. E sae antes de que se celebre a Asemblea prevista para febreiro porque cre que as cousas non van cambiar.

É un proceso que ven de longo, que ven de discrepancias sobre a dirección que está tomando o BNG, que empeorou co proceso de Iniciativa pola Unión, e que agora se colma cos resultados do 20D e a postura oficial que segue mantendo o BNG”, explica a Galicia Confidencial.

Non confío xa que o BNG cambie”, apunta quen leva anos militando nunha minoría dentro do Bloque con voz pero sen voto. “É certo que sempre que estás na oposición dentro dunha organización tes esperanzas de que as túas posicións cheguen, finalmente, a triunfar, pero cando vez que non chegan, pois hai un punto no que te preguntas que fas aquí”, engade.

Por iso, ten claro que, cando non se está de acordo coas posturas oficiais que ano tras ano acaban impoñéndose, “ non vas dar unha batalla porque ves que non hai posibilidades”. “É mellor retirarse”, suliña, porque creo xa que “o ciclo do BNG rematou”.

En todo caso, ten claro que non vai deixar o seu activismo político. “O mundo nacionalista fora do BNG é moi amplo”, indica. “Nós tentámolo con Somos Nós –o grupo impulsado por Anxo Quintana e no que participan persoas de diversas sensibilidades nacionalistas--. Segue parecéndome un bo proxecto, pero quedou limitado ao papel the think thank”, explica.

Somós Nós

Con todo, e aínda que suliña unha e outra vez, que Somos Nós  fai “política pero é apartidario”, non descarta que acabe converténdose noutra cousa. “Hai unha idea clara de non querer ser outra vaca no millo”, di, pero tamén deixa claro que “nestes tempos políticos tan revoltos pois poñer a man no lume, non a poño, aínda que non está nas perspectivas”, argumenta sobre que este proxecto acabe derivando nunha nova forza política.

Ana Luisa Bouza tomou a decisión de xeito individual. Aínda que forma parte de Avrente, a minoría de Máis Galiza que decidiu quedar no Bloque, entende que non merecía a pena agardar. “Os procesos colectivos de marcha remataron. Non hai colectivos cohesiondados xa dentro do BNG, só a UPG e o MGS –unha excisión da primeira pero que apoia a súa orientación política—“.

“O resto da xente pode agruparse de xeito estable pero non para tomar decisións colectivas. Non o hai e, polo tanto, as decisións de marchar son individuais”, di sobre a súa decisión, que tomou de xeito individual. E é que hai outros compañeiros de Abrente que non descartan deixar a organización logo da asemblea de febreiro, precisamente, polo seu inmobilismo. “Cando non tes ningunha confianza dentro e non es útil, pois acabas sendo como unha lousa”, di. “E Quintana, cres que vai marchar?”, preguntámoslle. “Non o sei, iso mellor pregúntallelo a el”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

12 Pendelho

A história repete-se. Agora acontecerá como despois de Ámio. Os que que vaiam iram-no anunciando aos poucos. Hoje esta mulher, amanhã o Aymerich, depois un alcaide, e asim.... para aparentarem que som muitos.

11 Xosé Sexta

O ciclo do BNG remataria pero o do BNG de Pontevedra aínda lle queda moito. O seu grupo de dirección leva desde a década dos anos 80 do século pasado mandando. O alcalde Lores, 20 no cargo e 29 de concelleiro; Mosqueira 24 anos de deputado provincial e, o resto, décadas de liberados/as. Mesmo xa se comezan a colocar fillos/as e xenros. Para que rematar xa que logo o ciclo se llo permiten desde a UPG. Por iso, o BNG xa é a quinta forza electoral da cidade. Claro, segundo eles, a culpa é da Sexta...

1 Xandokas

...o trío "Lores-Mosquera-Dasilva" toca ao seu fín.- Cando hai eleccións "políticas" (as xerais), a súa intervencióin-dirección é NULA, eso implica que nas Municipais vótanlle como lle votarían a calquera cacique!!

2 la pastillita

y no te dejan aparcar en las aceras loquito

3 Ordiá!

Reapareceu o da pastillita. Xa debe estar curado...

10 Akribéstaton

Desta senhora nada sei des-que cobrou por ocupar esse cargo completamente inútil (as 'chorradiñas' com que a esquerda 'progre' dissimula a carência total de pensamento e de determinação), mas sua forma de agir e expressar-se (deveria dizer que o SEU ciclo no BNG concluiu etc.) evidencia que sabe que só terá relevância pública se encena a sua desafeição a respeito do projecto do BNG.

1 Anxo Castro

Pontevedra, exemplo de cidade para todoooo o mundo, menos para o da Coruña, jajajaja .O de fóra sempre é mellor Galleguiños acomplexados...!

9 sesese

Aquí cando non se gana .......

8 Salustiano

Se dice ya que la único miembro de la Executiva Nacional del Bloque que dejó de serlo cuando no salió elegida diputada. Estaba para cobrar de la política, como tantos arrimados a Quintana. Ésta fue la verdadera enfermedad del BNG. Erradicarla está en el deber de regenerar el Bloque.

1 Xandokas

Dacordo contigo!!