Pilar de Lara ordena novos rexistros nas oficinas de Monbus en Lugo

Esta empresa xa fora rexistrada no 2015 e o seu presidente, Raúl López, e outras dez persoas foran detidas por orde da xuíz.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 04/02/2016 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

Axentes policiais volveron este xoves a rexistrar as oficinas que a empresa de autobuses Monbus ten na cidade de Lugo dentro do marco da Operación Cóndor que realiza a Titular do Xulgado de Instrución número uno desa cidade, Pilar de Lara, que investiga supostos delitos contra a facenda pública, branqueo de capitais, falsidade, delito contable, tráfico de influencias e suborno.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

A xuíza xa ordenara en marzo de 2015 a detención dunha decena de persoas, entre elas o presidente de Monbús, Raúl López, así como os responsables dunha axencia de viaxes de Sanxenxo. Todos eles quedaron en liberdade con cargos tras declarar no seu día.

Este rexistro prodúcese un día despois de que a Garda Civil de Tráfico apresara o mércores ao delegado desta empresa en Pontevedra.  Os axentes incautaron numerosa documentación tanto na sede da Estación de Autobuses como nos talleres da compañía en Lourizán, onde controlaron ademais a entrada e saída de vehículos.

Monbús xestiona dende hai anos numerosas concesións públicas en cidades e vilas como Santiago de Compostela -onde leva o servizo de deportes e os buses urbanos-, Lugo e Sanxenxo. Tras a posta en liberade de López, o seu grupo empresarial aumentou o seu investimento publicitario nos medios galegos, pero non a través da marca Monbús, senón a través das axencias de viaxe que controla. 

López foi presidente do Club Baloncesto Breogán de Lugo de baloncesto até xuño de 2010 e dende o 27 de outubro dese ano é presidente do Obradoiro CAB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta