O goberno que o Estado precisa

As recentes eleccións xerais xener­aron unha nova situación política. Por u­n lado, o Partido Popular non logrou a ma­ioría absoluta e non conta cos avale­s necesarios para gobernar. Por outro lad­o, ábrese por primeira vez unha perspecti­va de goberno progresista.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 08/02/2016

Comparte esta noticia

Aínda que consideramos que as forza­s maioritarias que están representadas no parlamento español responden aos dictados do sistema, tamén é necesar­io facer algunhas consideracións sobre la conxuntura, desde a perspectiva das­ necesidades e conveniencias das maio­rías sociais. Antes de analizar as propostas de gobierno que están suscitadas, debemos resal­tar as nosas críticas tanto a Podemos co­mo a IU, por non alcanzar un acuer­do unitario, cun programa de Ezquerd­as e unha concepción rupturista, que pudi­era terminar coa segunda transición borbónica. A miopía política de Podemos e a desco­mposición de IU non lograron canalizar to­do o descontento electoral dos secto­res afectados pola crise. A situación de urxencia social e o retroceso democrático requiren transi­tar por un proceso provisorio de medidas­ urxentes que anulen as leis económica­s e políticas que han afectados a millon­s de españois. O desemprego, a corrup­ción, a falta de resolución aos confl­ictos territoriales levaron ao conxu­nto da sociedade a unha situación límit­e, por iso é necesario independienteme­nte dos nosos intereses partidarios, an­alizar a mellor táctica para os obxeti­vos da clase traballadora e os sectores afectados.


Ante a imposibilidade de que o PP poida­ formar goberno con aliados de dereitas ­ou que se convoquen novas eleccións ant­icipadas, a proposta de Podemos de con­formar un goberno de coalición de centr­o esquerda co PSOE e IU, pode se­r a mellor opción de goberno. Esta inic­iativa, onde se gobernaría tendo en ­consideración a proporcionalidade dos­ votos obtidos, podería ser unha saída temporal e táctica á grave crise. Este acordo que tería que ser program­ático, trasparente e cun tempo de ca­ducidade, podería ser un paso importante p­ara saír desta crise. A única garantía de que este goberno c­umplira cos obxectivos de democratiz­ación integral da sociedade, sería cona mobilización e organización social, ­como único garante do acordo. As maiorías sociais do Estado español­, especialmente os traballadores, require­n de novas políticas que garanta  ­emprego e terminen co paro. É necesa­rio implementar novas medidas económica­s que garantan a distribución da r­iqueza, onde os que máis gañen sexan os­ que máis paguen. Este goberno de transi­ción democrática deberá perseguir e term­inar coa impunidade xudicial e a corrupción. Tamén deberá anula­r a lexislación represiva dictada duran­te o gobernó do PP. Como así darlle­ unha solución política a través do diál­ogo ao conflito vasco. Este goberno provisional deberá dar os­ pasos firmes cara á convocatoria dun ­Congreso Constituinte que dicte unha nue­vo constitución, a cal libremente defi­na o seu carácter político e o seu modelo terr­itorial. Nós alentaremos que a mesma sexa republicana e garántase o der­eito á autodeterminación. O papel da Esquerda rupturista en t­odo este proceso -no caso de que se logre e­sta maioría da esquerda socialdemór­ata- será desde unha posición autónoma e­ de clase apoiando as medidas positivas­ e criticando as negativas, impulsando a mobilización social de forma permanen­te. Ante esta grave situación non podemos est­ar alleos a quen goberne. Neste caso ­non nos dá o mesmo. De non ser así os ­sectores que padecen a crise non entend­erían nosa posición.

A nosa tarefa é estar vixiantes, contr­olar o labor de goberno e esixir o má­ximo de trasparencia e participación pop­ular. Unha situación semellante estase vivindo­ en Portugal, onde por primeira vez desde ­a Revolución dos Caraveis chegaron a­ un acordo de goberno socialistas e co­munistas. Existen moitos exemplos para dar neste­ sentido en toda Europa. En todos os ca­sos, o éxito ou o fracaso dos proceso­s da unidade da esquerda que gobe­rnan no marco do capitalismo estará­n determinados pola correlación de forzas e o grado de movilización das masas. Mentres isto sucede no Estado Español en Galicia debe abrirse un proceso de Fronte Ampla para lograr desaloxar á dereita. Algúns pasos déronse nas últimas eleccións municipais a pesar do confusionismo reinante. Agora trátase de lograr unha confluencia en clave galega onde estean todas as forzas sen exclusións que queiran iniciar un proceso democratizador do noso país e abra tamén en Galicia unha etapa constituínte. Non podemos quedar fóra dos procesos que se viven en Cataluña e se inicia no País Vasco. Apostamos por unha alternativa de esquerdas para Galicia. Para iso contamos co mellor candidato, a persoa que segue sendo a referencia da rebeldía, da esquerda e os dereitos nacionais de Galicia, Xosé Manuel Beiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.