O PP "non pensa nos cargos" cando se renova

O conselleiro de Política Social di que iso sucede noutros partidos como o PSOE e suliña que o proceso de renovación popular "dará para falar moito".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/02/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O PP non "pensa nos cargos". Iso foi o que dixo este martes o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, cuxo nome soa para substituír a Alfonso Rueda como secretario xeral do PP galego.

Diego Calvo, Feijóo e Rey Varela nun acto do partido
Diego Calvo, Feijóo e Rey Varela nun acto do partido | Fonte: DF

"Nin outros compañeiros do PPdeG nin eu mesmo estamos a pensar en cargos", suliñou a este respecto evitando falar da renovación aberta neste partido. "Estamos inmersos nunha renovación de equipos, de persoas, de políticas e de actitudes, pero en ningún momento pensando en cargos, iso no noso partido non sucede", suliñou.

"Estamos todos inmersos neste proceso e en convertelo nunha oportunidade e non nun problema, como noutros partidos que cada vez que se abren procesos de cambio empezan a xurdir nomes que en lugar de pensar en quen pode cubrir mellor o posto, están a pensar en poderes fácticos, en provincias...", dixo en alusión ao PSdeG.

Neste sentido, o popular valorou que no seo da organización esta renovación non supón un problema, xa que todos "estamos preocupados de desenvolver eses cambios" e non de situarse dentro do partido "para que non se converta nun problema e sexa unha oportunidade para o partido, e para todos os galegos".

Por iso, o conselleiro afirmou que o seu partido "está a resolver este proceso con moita normalidade", feito que, ao seu xuízo, é "o importante para todos", xa que o menos relevante é "a que podemos aspirar cada un dos militantes".

Ademais, considerou que este proceso de renovación, no partido maioritario de Galicia, "dará para falar moito", xa que se continúa traballando nun "relatorio moi ambicioso" para "ser útiles aos galegos"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta