Galicia exporá en Bruxelas a situación do lobo: "A distribución desta especie xa abarca o 91 % do territorio"

O conselleiro de Medio Ambiente, Vivenda e Ordenación do Territorio de Castela e León, Juan Carlos Suárez-Quiñones, falará nun foro en Bruxelas en nome de Galicia, Asturias, Cantabria e a súa Comunidade para expor a situación real do lobo nestes territorios, que concentran máis do 90 % dos exemplares desta especie de todo o país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 30/11/2024 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Ambiente, Vivenda e Ordenación do Territorio de Castela e León, Juan Carlos Suárez-Quiñones, falará nun foro en Bruxelas en nome de Galicia, Asturias, Cantabria e a súa Comunidade para expor a situación real do lobo nestes territorios, que concentran máis do 90 % dos exemplares desta especie de todo o país. No foro, organizado por Asaja (Asociación Agraria Novos Agricultores) e que se celebrará o vindeiro luns, tratarase a afectación do lobo sobre o sector gandeiro na véspera da reunión do Comité Permanente do Convenio de Berna, na que se valorará a posibilidade de rebaixar a protección desta especie no seo da UE.

Segundo destacou a Xunta nunha nota de prensa, no caso de Galicia, o foro de Asaja servirá de escenario para expor que, nos últimos 10 anos, o número de mandas incrementouse de 90 (cifra estimada no censo 2013-2015) a 93 (de acordo co último estudo, realizado pola Xunta entre 2021 e 2022); máis aínda, tendo en conta que o primeiro censo completo realizado na comunidade, do ano 2003, consignaba a existencia de 68 mandas, e nos últimos 20 anos produciuse un aumento do 37 %. Agora, sinalou a administración autonómica, a distribución desta especie abarca o 91% da superficie do territorio galego. Uns datos que, na súa opinión, "reflicten que o estado de preservación da especie é favorable".

Lobo
Lobo | Fonte: AB PHOTOGRAPHY - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta