Temas: TEATRO

Mofa e Befa actuarán este mes na Coruña, Pontevedra e Ourense

O dúo cómico, un dos máis populares da escena galega, actuará canda Moncho Borrajo como parte da programación de Noites de Retranca.

Por GC Tendencias | A Coruña | 14/02/2016 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Noites de Retranca, o ciclo de humor que reúne aos principais actores deste xénero no país, presenta un cartel heteroxéneo e de luxo para febreiro. Durante tres veladas compartirán cartel Moncho Borrajo, un dos humoristas clásicos con máis sona en todo o Estado, con Mofa e Befa, o dúo cómico do país coñecido polo seu dominio do teatro do absurdo e do musical.

Moncho Borrajo en Yo Quevedo
Moncho Borrajo en Yo Quevedo

As actuacións serán no Teatro Colón da Coruña, no Auditorio Municipal de Ourense e no Pazo da Cultura de Pontevedra. As datas son todas este mes; venres 27, sábado 28 e domingo 29; respectivamente. 

As entradas de Noite de Retranca xa están a venda nas canles habituais de Afundación, como en Ataquilla.com . O prezo máis económico é de 15 euros.

Velaquí un dos números máis coñecidos de Mofa e Befa:

Actuación de Mofa e Befa
Actuación de Mofa e Befa
Temas: TEATRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta