Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2024 | Actualizada ás 19:48
Dos 51 de municipios obrigados a contar con plan de acción municipal ante inundacións, só unha ducia dispoñen actualmente do documento, incluíndo o de Gondomar, aprobado o pasado venres no pleno da Comisión Galega de Protección Civil. Ademais, dos 45 concellos aos que se lle recomenda, só o teñen cinco, mentres que si dispoñen dun O Incio e O Grove, aínda que non é obrigatoria nin recomendada na súa elaboración.
Así o explicou este martes, no Pleno do Parlamento, o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, en resposta a unha pregunta formulada polo Grupo Popular sobre a revisión do Plan Inungal.
Diego Calvo explicou que a semana pasada, a Xunta, a través da Dirección Xeral de Emerxencias, remitiu cartas instando os concellos a elaborar este Plan de actuación municipal para estar preparados ante incidentes.
As misivas remitíronse aos municipios que están obrigados a ter este plan e aínda non o teñen, aos que se lles recomenda e tampouco dispoñen del e aos obrigados telo pero que o aprobaron fai catro anos e teñen que revisalo.
O conselleiro de Presidencia incidiu no compromiso da Xunta coa prevención ante riscos e emerxencias e destacou a mellora continua do plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia (Plan Inungal), que vén de revisarse e que neste ano se activou en situación de preemergencia en seis ocasiones.
A través deste plan, a Administración autonómica apoia a coordinación dos servizos de emerxencias para diminuír os riscos e reducir as consecuencias negativas das inundacións, lembrou.
Desde a súa aprobación en 2002 esta é a terceira actualización tras as de 2016 e 2020. A revisión actual inclúe novos análise de risco e adáptase aos requirimentos a nova norma básica de protección civil.
No proceso de renovación do Inungal tamén se ten en conta o risco de inundación derivado da posible rotura de presas que obriga aos concellos a prever actuacións específicas para garantir a seguridade da poboación.
Este é o caso do plan de actuación municipal de Dumbría por risco de rotura das presas da Fervenza e Santa Uxía de Xeal, tamén aprobado o pasado venres. Súmase así ao grupo de concellos que cumpriron con este requisito, aínda que dos preto de 150 concellos que deben facelo, só 42 cumpren neste momento con ese deber, destacou Calvo.
Ao Inungal súmanse outros instrumentos de prevención como o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), ou os Plans especiais de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais (Peifoga), por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (Transgal) ou de Salvamento nas Praias de Galicia (Sapraga).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.