A Xunta anuncia investigacións pero non cambios ante as queixas pola atención a abortos na Coruña

O presidente galego négase a cambiar os protocolos de actuación neste tipo de casos, a pesar das críticas de usuarios e asociacións.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 18/02/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Hai que investigar e ver se teñen xustificación”. Foi o que dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado este xoves no Consello da Xunta polas queixas realizadas na atención da mulleres que queren abortar na Coruña.

Feijóo nas novas depencias do CHUAC coa conselleira de Sanidade e o alcalde da Coruña
Feijóo nas novas depencias do CHUAC coa conselleira de Sanidade e o alcalde da Coruña | Fonte: xunta

De feito, o presidente galego repetiu ata en tres ocasións a mesma frase, sen querer valorar nin criticar se algo non está funcionando no sistema sanitario público galego. Este mesmo xoves a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convocou unha protesta ante o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para  denunciar problemas na atención a abortos. T

Tanto esta entidade, como os distintos grupos políticos da oposición ( PSdeG, mareas e BNG), piden que se tomen as medidas oportunas "para garantir unha atención integral e de calidade" ás mulleres que necesitan un aborto no segundo trimestre do seu embarazo.

Sen embargo, e a pesar de ser preguntado se cre que é necesario modificar os protocolos, Feijóo suliñou que o que toca agora é investigar. “As pacientes están no seu dereito a denunciar e o Sergas a investigalo”, dixo ao tempo que quixo saír en defensa da súa planificación sanitaria. “Todos os pacientes teñen excelentes profesionais a súa disposición”, repetiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta