Temas: CERNA EN MAREA

Cerna aposta polo modelo de En Marea pero ampliado

Propón crear un foro para a acción de persoas, grupos e organizacións que "entendan que Galiza como nación está asistida do dereito democrático radical a decidir".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/02/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A organización da esquerda nacionalista Cerna aposta por crear unha ampla alternativa electoral partindo do espazo de “En Marea” pero ampliando esta plataforma ás distintas mareas ou candidaturas municipalistas de unidade popular e progresistas.

A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros
A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros | Fonte: teinteresa.com

Foi o que decidiu a súa militancia na súa 1ª Asemblea Nacional ordinaria que celebrou esta fin de semana en Compostela e na que se debateu sobre a situación política e acordar liñas estratéxicas para a a acción inmediata desta organización.

Precisamente, os acordos tomados fan referencia aos procesos de confluencia e unidade electoral para vindeiros comicios a partir das pasadas eleccións municipais, tras o éxito de En Marea. Por iso, Cerna aposta por "apoiar sen reservas a autoorganización da Nación Cidadá, nun proceso incluínte".

Neste sentido, entende que hai que "continuar e afondar" na confluencia electoral "sen subordinacións nin prepotencias" que xa tivo lugar nos recentes procesos electorais (municipais e xerais), pero "perfeccionando e mellorando os métodos de participación e toma de decisión en todos os ámbitos".

Así, reclama "radicalidade democrática, participación real (cada persoa cun voto) sen exclusións e dereito radical a decidir colectivamente como nación". O obxectivo, insiste, é "botar ao PP da Xunta e poñer o goberno aos servizo das maiorías sociais".

A militancia de Cerna tamén aprobou crear un foro para a acción de persoas, grupos e organizacións que "entendan que Galiza como nación está asistida do dereito democrático radical a decidir colectivamente". Tamén, buscar un "marco xurídico-político propio para Galicia de cara a idear o xeito de defendelo conxuntamente e con eficacia".

Temas: CERNA EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 Galiza pola sua liberdade

Ampliado para que os deixen pasar... o vello -vieiras pretendía facer un-ha estufa e rematou facendo un-ha estafa!!! NON A CONFLUENCIA DE PODREIROS DE -VIEIRAS... non o expañolismo na Galiza

1 eueu

Cada vez xa quedan menos liberados da Cig dicindo mamarrachas machaconas que xa ninguén le...hala, vaite xubilando

2 cachamuinha

Palleiro, Malvido e Cheliño a seguir chuchando

1 Tonecho Llosada

Yo vuelvo a mi dieta de comer agua a ver si me veo el pito otra vez.