Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/01/2009
Hai algúns días, o humorista estadounidense Chris Rock explicou que na urbanización de luxo na que vive non hai máis que catro negros, entre eles Eddie Murphy. Os outros tres, o propio Rock entre eles, son tamén celebridades. Rock contou que o seu veciño do lado, branco, é dentista, un dentista máis, dixo: ninguén o coñece alén do vecindario. A ecuación é clara: calquera negro que sexa unha celebridade mundial pode vivir alí. Calquera branco -e punto- tamén-.
Definitivamente, Obama ten moito traballo por diante. Pero pode estar tranquilo. Todos os Santa Rosa del Sur que no mundo son -somos- están con el.