A CUT denuncia irregularidades na TVG

A CUT denuncia graves irregularidades no día de hoxe durante o proceso de revogación do Comité de empresa da TVG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/01/2009 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

A maioría dos traballadores presentes e os mesmos promotores da revogación, cos que o Comité de Empresa non negociou en ningún momento as condicións do proceso, decidiron non exercitar o seu dereito ao voto para non lexitimar un procedemento que consideran que vulnera moitas das garantías que a lexislación prevé para a celebración deste exercicio democrático.

Varios traballadores presentaron ante as mesas reclamacións para denunciar posibles irregularidades, como que as mesas están compostas polos propios membros do Comité de Empresa obxecto de revogación, ou a imposibilidade dos traballadores da quenda de fin de semana de exercer o seu dereito ao voto pola premura coa que o Comité convocou as asembleas, con 48 horas de antelación, nunha manobra que a CUT considera descaradamente obstrucionista.

Os empregados e empregadas da canle autonómica que promoveron o proceso revogatorio van denunciar a obstrución e as posibles irregularidades do proceso nas instancias oportunas, esixindo as responsabilidades dos diversos implicados ata as súas últimas consecuencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

52 manolo

TVG EN PICADO
PERSONAL DE LA TVG SIN DAR GOLPE
PRODUCTORAS DE TV FORRANDOSE CON EL PRESUPUESTO DE TVG.
TODO UN MODELO DE GESTION.

51 cousas ó caso

DIRECCION E COMITÉS DA

TVG + RG:

¿TEMOS O QUE MERECEMOS....?

50 indignado

comezo dunha opinion na revista interna da tvg feita pola sec sindical da cig:

"Preguntáronlle a un rapaz africano que rama quería estudar, e contestou que el queria estudar nun pupitre, coma os brancos.Os contratados da crtvg tamén queren un pupitre, coma os fixos....."

¿¿¿¿iso que o escribe???

paremoslle os pes a esta sec sindical.
ou vira directamente da federacion de servizos.....con quen andamos liados.....

49 sen comité

Boísimo Emilio. Concetual que diría o outro

48 Emilio

En sentido positivo o negativo??