Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2025 | Actualizada ás 11:01
Magdalena Pérez tomou posesión do seu escano como deputada popular pola provincia da Coruña, no pleno do Parlamento galego, en substitución de Pablo Prieto. Deste xeito, a Cámara autonómica pasa a contar con maioría de mulleres, 38 dun total de 75 (37 homes).
Concelleira delegada de réxime interior, persoal e administración no Concello de Porto do Son, Pérez está licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e conta con ampla experiencia en xestión de servizos sociais e realización de actividades de tempo libre.
Precisamente, no último pleno do Parlamento de Galicia deixou o seu escano o deputado do PPdeG Pablo Prieto para presidir a Federación Galega de Fútbol, cargo no que substitúe a Louzán, quen saltou dese posto á Real Federación Española de Fútbol.
O Tribunal Supremo (TS) acordou anular a condena a sete anos de inhabilitación por un delito de prevaricación administrativa que se impuxo ao expresidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán por mor da concesión dunha subvención de 86.311 euros para a reforma dun campo de fútbol en Moraña (Pontevedra).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.