Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2025 | Actualizada ás 21:45
'Feira', o segundo álbum da banda De Ninghures, verá a luz o próximo 25 de febreiro, tres semanas antes da súa presentación oficial cun concerto o xoves 13 de marzo na Sala Capitol de Santiago.
O novo traballo do grupo de multiinstrumentistas asentados na capital galega está composto por dez temas nos que exploran a tradición galega revitalizándoa con influencias latinas ou árabes. Baixo a guía do produtor Juan de Dios Martín, o grupo experimenta coa electrónica, novos e vellos instrumentos ou os efectos para crear o que bautizan como "unha 'feira' do século XXI".
O novo disco, no que se inclúe o seu éxito 'Morena', verá a luz o próximo 25 de febreiro nas principais plataformas dixitais. A cita para a súa presentación en directo será o 13 de marzo na Sala Capitol, con entradas xa á venda. Antes, De Ninghures viaxa a Bruxelas para formar parte do cartel dunha nova edición do festival Emigrason.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.