Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2025 | Actualizada ás 12:07
A Garda Civil detivo a un veciño de Lousame como presunto responsable do roubo de imaxes relixiosas e outros obxectos de culto da Capela de Santa Rita de Ponte Beluso, en Boiro.
O Instituto Armado abriu unha investigación por mor de dúas subtraccións ocorridas en novembro de 2024 e xaneiro deste ano. En ambas as ocasións, o arrestado accedeu á capela en horario nocturno e vestindo roupa de traballo reflector para simular que era un operario dunha empresa próxima e, así, non levantar sospeitas ante posibles testemuñas.
As pescudas permitiron identificar ao presunto autor e recuperar os obxectos roubados: dúas imaxes de Santa Rita, un cadro de Xesucristo e un rosario. Todos eles son elementos doados por fregueses e devotos da parroquia, polo que "teñen un alto valor simbólico e sentimental para os veciños", recalca a Garda Civil.
Os axentes atribúen ao detido dous delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica --roubo e furto--. As dilixencias foron postas a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Ribeira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.