O Himno para arrincar a festa

Balaídos, como Riazor na primeira volta, abrirá o derbi galego cos dous equipos e a afección cantando o himno galego e cun gran mosaico de cor celeste nas bancadas.

Por gcdeportes | Vigo | 01/04/2016 | Actualizada ás 09:11

Comparte esta noticia

Volverase a repetir o momento máis emotivo do derbi galego. Como na ida en Riazor, un prólogo especial co Himno galego. O derbi de Balaídos abrirase tamén co himno de Pondal. Así o anunciou o RC Celta de Vigo este xoves. No momento no que os xogadores de Celta e Deportivo accedan ao terreo de xogo, os espectadores entoarán o himno galego, ao tempo que formarán un gran mosaico nas bancadas do estadio.

Mosaico coa bandeira galega nas bancadas de Riazor.
Mosaico coa bandeira galega nas bancadas de Riazor. | Fonte: lfp.es

Os seareiros poderán seguir a letra do himno nos videomarcadores do estadio, e nas bancadas de Río haberá cartolinas plastificadas coas letras do poema de Pondal. Estas cartolinas estarán ademáis numeradas e os seus posuidores participarán nun sorteo posterior, organizado por un dos patrocinadores do club, de cinco camisetas do Celta firmadas polos xogadores  celestes. Os gañadores deberán gardar a cartolina premiada e presentala nas oficinas do club para recoller o premio.

As cartolinas e bandeiras que formarán o mosaico serán da cor azul celeste nas bancadas de Tribuna, Gol e Marcador, mentres que nas de Río Alto e Baixo serán, ademáis de celestes, de cor azul marino e vermello. Nestas dúas últimas bancadas formarase unha figura e poderá lerse un dos clásicos lemas do celtismo. En Gol, Marcador e Tribuna, os afeccionados terán nas súas cadeiras bandeiras co escudo do RC Celta, que deberán ondear para formar o mosaico.

Prolegómenos do derbi da primeira volta en Riazor.
Prolegómenos do derbi da primeira volta en Riazor. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta