Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/03/2025 | Actualizada ás 14:27
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) organizará a próxima semana diverso actos para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, nos que traballadoras da sanidade pública galega exporán os seus testemuños e destacarán a importancia do seu labor ante 848 estudantes de secundaria.
Baixo a lema 'O talento non ten xénero', os encontros contarán coa participación de directivas, especialistas en traumatolxgía, uroloxía, xinecoloxía, enfermaría, farmacia hospitalaria, técnicas de coidados auxiliares de enfermaría, fisioterapia, celadoras, persoal de servizos xerais, de cociña, lavandaría, técnicas de microbioloxía, de informática e enxeñeiras, entre outras categorías.
Deste xeito, o vindeiro xoves día 6 de marzo celebraranse os actos conmemorativos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, no Arquitecto Marcide de Ferrol, no Hospital Universitario Lucus Augusti, no Hospital Público de Monforte de Lemos, no Hospital Público de Verín, no Hospital Público do Barco de Valdeorras, no Álvaro Cunqueiro de Vigo, no Hospital Público do Salnés e no Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
Doutra banda, o venres 7 de marzo a actividade desenvolverase no Hospital Público da Mariña e no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Por último, o acto no Hospital Público de Montecelo, en Pontevedra, terá lugar o luns 10 de marzo.
Con todo, a Xunta explicou nunha nota de prensa que as participantes detallarán nas súas intervencións en que consiste o seu traballo para fomentar o interese do alumnado por carreiras profesionais do ámbito sanitario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.