Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2025 | Actualizada ás 20:02
Galicia estará este venres en alerta amarela por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña e nas Rías Baixas e por vento na montaña de Ourense e no oeste da Coruña.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), os refachos de vento, de compoñente sur, pode superar os 80 quilómetros por hora, forza sete no mar.
Así, segundo Meteogalicia, a comunidade galega quedará baixo a influencia dunha fronte activa que provocará o aumento das nubes e algunhas choivas durante a mañá na zona oeste e pola tarde serán máis intensas e xeneralizadas.
A cota de neve situarase nos 1.200 metros ao final do día e as temperaturas sufrirán un lixeiro descenso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.