Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2025 | Actualizada ás 19:48
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, destacou este venres a necesidade de seguir avanzando na igualdade na entrega dos Premios Maruja Vázquez Suárez e avisou de que a súa formación non vai permitir "nin un paso atrás". "A igualdade non é unha meta abstracta, é unha urxencia real", sinalou para comprometerse a que no PSdeG seguirán facendo "políticas feministas reais, que garantan oportunidades e protexan os dereitos".
Ademais, segundo informou o PSdeG nun comunicado, advertiu que "fronte aos que queren retroceder" están para "avanzar". "Sen desculpas, sen medias tintas e sen deixar a ninguén atrás". Besteiro tivo unhas palabras de recordo para a alcaldesa de Lugo falecida o pasado venres, Paula Alvarellos, ao asegurar que "a súa voz, o seu discurso e a súa loita seguirán marcando" o camiño dos socialistas galegos. "Paula sabía que o feminismo non é unha consigna, é unha acción diaria" e insistiu en que os socialistas non están só para renderlle homenaxe sen para "continuar a súa tarefa".
O secretario xeral dos e as socialistsa de Galicia advertiu que "non van admitir nin un paso atrás nos dereitos das mulleres" e asegurou que "o futuro será feminista si ou si", porque "non permitirán que sexa doutro xeito". Nesta edición dos premios recoñeceuse o labor de Mari Lires e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG). Besteiro destacou que Mari Lires demostrou que a ciencia tamén pode e debe ser feminista, pondo en valor a súa traxectoria na investigación e na docencia. Pola súa banda, sinalou que o CPXG "loita por algo esencial: a forma en que se conta o mundo" e advertiu que "se o mundo cóntase sen mulleres, con prexuízos e estereotipos, esa historia é mentira".
RECORDO A PAULA ALVARELLOS
Previamente interveu a deputada Lara Méndez nun emotivo recordo a Paula Alvarellos e destacou a "profunda pegada que deixou en quen a coñeceron e compartiron con ela traxectoria e compromiso". Méndez puxo en valor a súa "dedicación incansable" e destacou que Paula "foi e será sempre un referente, unha amiga e unha compañeira indispensable". Pola súa banda, a secretaria de Igualdade da executiva socialista, Silvia Fraga, demandou a aplicación transversal da perspectiva de xénero porque, dixo, "segue sendo unha materia pendente en moitos ámbitos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.