O PSdeG acusa a Feijóo de utilizar o déficit para "a promoción propia"

O presidente galego suliña que a súa política económica está "para non deixarlle pufos" aos galegos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/04/2016 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, criticou este mércores duramente a política de aforro da Xunta e cuestionou o "prezo" ao que Galicia cumpriu o límite de déficit imposto polo Goberno central.

Méndez Romeu nun debate no Parlamento
Méndez Romeu nun debate no Parlamento

Este límite só o cumpriron Euskadi e Canarias. Por iso, Méndez Romeu aproveitou para preguntarlle a Feijóo a que prezo cumpriu ese déficit e se "Galicia ten o mesmo nivel de servizos públicos e de emprego que Euskadi".

Así, acusouno de presumir de déficit como unha política de "promoción persoal" e reprochoulle que, xunto co ministro de Facenda en funcións, Cristóbal Montoro, practique "un xogo de trileiros".

Pola súa banda, o presidente galego defendeuse suliñando que o cumprimento do déficit serve "para non deixar pufos" aos galegos ao final da lexislatura e defendeu a capacidade de investimento de Galicia.

Ademais, como avanzou que a Xunta aprobará este xoves "un investimento de 120 millóns de euros" en educación, "para facer máis colexios, mellorar institutos, mellorar centros de educación primaria e de FP".

"Para iso cumprimos o déficit, para investir máis que as Comunidades Autónomas socialistas e que a media do resto de Comunidades de España. Cumprimos para non deixarlles pufos aos galegos", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta