Mobilizanse para que 'bueno' sexa un termo galego

Hai algunhas semanas comezou na rede a circular unha campaña que ten coma obxectivo oficializar o termo "bueno". Ata agora xa son máis de 1.000 os asinantes, entre eles, o ex secretario xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada, ou a directora xeral do Servizo Galego de Iguladade, Ana Luísa Bouza. Ata se chegou a utilizar o video promocional de Anxo Quintana para defender o uso deste termo. Máis información aqui.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/02/2009 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

4 anónimo

HAI QUE TER MORRO, ESTEVO.
A realidade fronte á manipulación... XA HAI QUE TELO
: todos os procesos de selección do persoal do Consorcio respectaron e respectan os principios e regras básicas dos procesos de selección de calquera Administración pública rexida polo Dereito Administrativo (publicidade, mérito e capacidade). IGUALDADE, MEU, QUE SE CHE VAI A MAN E COMO SABES QUE NON A HAI, TROCAMOS POR PUBLICIDADE E A VER SI COLA, POIS NON, NON COLA... IGUALDADE.

SI QUITAMOS TEMAS FRONTE AS DA XUNTA, E NON CONTAN AS RESPOSTAS ERRADAS, MAL IMOS, NON??
E SI CHE DAN 10 PUNTOS POR ANO TRABALLADO, É IGUALDADE???

EU, E LEVO ANOS NA ADMINISTRACIÓN, NUNCA VIRA NADA IGUAL. CLARO QUE ESTO FAINO UN CONSORCIO, E QUEREN FACER CRER QUE SON DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA.
QUEN FORMA O TRIBUNAL??? FUNCIONARIOS POR SORTEO OU PERSOAS ELEXIDAS POLO CONSORCIO DE CASTRILLO??? ISO É IGUALDADE, MEU??? AI SÍ, BALTAR FACÍA O MESMO.

3 Estevo das Estrivadas

Sobre os procesos de selección do persoal do Consorcio



A realidade fronte á manipulación

As noticias aparecidas no xornal La Voz de Galicia sobre os procesos de selección do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar non responden en nengún caso á realidade dos feitos e constitúen un claro exemplo de manipulación informativa e de vulneración de todos os principios da ética xornalística.

Convén ter moi presente o seguinte: todos os procesos de selección do persoal do Consorcio respectaron e respectan os principios e regras básicas dos procesos de selección de calquera Administración pública rexida polo Dereito Administrativo (publicidade, mérito e capacidade).

O Consorcio, polo demais, está integrado pola Xunta, por 262 concellos -moitos deles gobernados por PP e PSOE- e por tres Mancomunidades. O lector ou a lectora da Voz poderá ser levado equivocamente á conclusión de que no Consorcio só decide a Vicepresidencia do goberno galego.

É moi importante subliñar que estamos perante un proceso de concurso-oposición aberto e universal para a selección de persoal laboral fixo e ao que se pode apresentar calquera persoa. Un proceso que foi acordado cos sindicatos máis representativos dos traballadores e das traballadoras no Consorcio (CIG e UGT). CC OO, que agora aparece como crítico do procedimento, o que pretendía era a consolidación laboral automática de todas e cada unha das persoas que neste momento están a traballar no Consorcio sen realizar nengunha oposición. O BNG non optou por este modelo por ser claramente discriminatorio e lesionar os dereitos daquelas persoas que non son traballadores ou traballadoras do Consorcio. Na web da CIG -www.galizacig.com- atoparedes as razóns polas cales o sindicato nacionalista respalda sen dúbidas este procedimento de escolla do persoal.

Criticar como fai La Voz de Galicia o nomeamento de Lois Castrillo ou de Pilar Candocia como cargos do Consorcio é ocultar ao público que estamos ante nomeamentos de natureza política, por se trataren de figuras asimilábeis aos altos cargos do Goberno. Como todo o mundo sabe, e non podía ser doutro xeito nunha democracia, no caso do persoal de natureza política a súa designación é libre, do mesmo xeito que o seu cesamento.

La Voz denuncia tamén que arredor de oito persoas vinculadas ao BNG (excluídos os cargos políticos) teñen unha relación contractual co Consorcio. Aquí o xornal falta á verdade cando atribúe a alguna persoa, con nomes e apelidos, condición de militante do BNG, o que é totalmente falso. Polo demais, é obvio que a condición de militante dunha forza política non inhabilita a ninguén para exercer unha función dentro da Administración pública. Defender o contrario sería tanto como atentar contra o dereito fundamental á participación en política, un dereito fundamental en calquera democracia.

Como calquera pode entender, non sería estraño que entre as 1.100 persoas que traballan no Consorcio 8 ou 10 fosen militantes do BNG. É unha proporción que, tendo en conta o feito de o BNG ser unha organización cunha militancia moi numerosa, sen dúbida se dá en muitas outras entidades ou empresas, públicas ou privadas, desa dimensión.

2 anónimo

Esta é unha carallada do blogueiro Alema. Losada ou Ana Luísa Bouza que asinen o que queiran.

1 anónimo

Eis o "nacionalismo" do BNG. Realmente nunca lhes importou o idioma. Sempre traficárom com ele. Primeiro fizérom umhas normas aparte, só pra eles. Pra distinguir aos PP-PSOE por un lado e aos reintegracionistas polo outro. Logo vendérom-se por um prato de lentelhas (a norma actual). Agora querem mais votos e desfám o galego. Nuns anos estarám todos em Galicia Bilingüe. Este nom é um país sério. NOM HAI NACIONALISMO. NOM SOMOS UMHA NAÇOM.