Candidaturas de unidade popular da Ribeira Sacra únense para reclamar servizos e a defensa do rural

Tamén apostan por integrar as súas alternativas e demandas nos procesos máis amplos de unidade popular que están xestándose por todo o país.

Por Galicia Confidencial | Trives | 21/04/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Varias candidaturas de unidade popular da Ribeira Sacra mantiveron esta fin de semana un encontro na que decidiron impulsar un foro común para defender o mundo rural e reclamar máis servizos.

Unha das principais prazas de Trives
Unha das principais prazas de Trives

Aproveitando as xornadas da montaña celebradas en Trives, estas listas analizaron o chamado “catastrazo”, que grava a riqueza que non existe, a crise do sector lácteo ou a supresión das denominacións de orixe. 

Durante a xuntanza tamén amosaron o seu “total e absoluto rexeitamento” ás agresións ao medio rural, en especial do proxecto químico que quere instalarse no Macizo Central e que xa foi rexeitado previamente en Tenerife ou Almería, ou da A-76, “unha navallada para a Ribeira Sacra que só beneficiará ás grandes empresas e cun alto impacto ambiental”.

Tamén apostaron por rematar coas formas “caciquís” de facer política e apostaron por sumar forzas e esforzos para un duplo obxectivo: contribuír a visualizar os problemas do rural e integrar as  súas alternativas e demandas nos procesos máis amplos de unidade popular que están xestándose por todo o país.

vista do macizo central de Ourense
vista do macizo central de Ourense | Fonte: ADEGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta