O presidente da Deputación de Lugo xa non atura ao díscolo Manuel Martínez

Darío Campos está disposto a ter máis man dura co deputado expulsado do PSdeG, Manuel Martínez, a quen acabou botando da comisión do Plan de Obras e Servizos polas súas contínuas “impertinencias”.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 22/04/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, xa non atura máis as impertinencias do deputado expulsado do PsdeG e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez. Por iso, este xoves, e logo de varias interrupcións por parte de Martínez na comisión informativa do Plan de Obras e Servizos (POS), Campos estoupou e botouno da sala. 

Darío Campos
Darío Campos

E pode non ser a única vez que o faga se Martínez insiste en manter a súa actitude "desafiante". “Empregou o seu ton habitual de confrontación e interrompeu a sesión nun momento no que non tiña a palabra”, explicaron fontes do organismo provincial. O portavoz socialista do goberno provincial, Álvaro Santos, afirmou que o incidente se produciu "unha vez debatido o asunto", cando o deputado non adscrito interrompeu o "desenvolvemento normal" da comisión informativa e fixo algunhas afirmacións pretenciosas" e mesmo "provocadoras".

Avisado polo presidente da Deputación, Darío Campos, de que non estaba no uso da palabra, Martínez mantivo, segundo Álvaro Santos, o seu "ton habitual de confrontación", polo que acabou sendo expulsado.

Pola súa banda, a presidenta do Partido Popular de Lugo e portavoz do grupo provincial, Elena Candia, non descartou achegamentos con este deputado pero dixo que virá marcado pola “temática" do que se vaia a "debater" no pleno, pero nunca por "oportunismo" ou "revanchismo", só se "o asunto é positivo para a provincia.Durante toda esta lexislatura e sempre que teñamos ocasión, imos demostralo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta