Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2025 | Actualizada ás 21:43
Os pasaxeiros dun rexional exprés que realizaba o pasado domingo o percorrido Vigo-Ponferrada tiveron que finalizar o traxecto en bus, despois de que se rexistrase un altercado no interior do tren.
Fontes de Renfe consultadas por Europa Press sinalaron que houbo un comportamento incívico por parte de viaxeiros, extremo que no que incidiron fontes sindicais, que precisaron que dous pasaxeiros desta liña estaban ebrios e fumando no interior do tren.
Segundo as fontes sindicais consultadas, o maquinista --dado que non ía interventor a bordo (Renfe puntualizou a Europa Press que non é obrigatorio neste tipo de rutas)-- interveu e tentou desaloxalos do tren no apeadeiro de Freixeiro, en Quiroga (Lugo).
Os individuos tentaron agredilo e refuxiouse no interior da cabina, desde onde puido avisar aos seus superiores, que deron aviso para que interviñesen as forzas de seguridade. O maquinista, afectado polo sucedido, trasladou o tren ata San Clodio e, desde alí, habilitouse un bus para conclir o traxecto ata Ponferrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.