Diferencias grandes entre os grupos para conseguir acordos nas resolucións da Cámara galega

O PPdeG ofrece máis de 70 transaccións ao resto de grupos pero BNG e PSdeG afean aos populares falta de interese" en chegar a acordos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2025 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Nacionalistas e socialistas ven ao PPdeG con poucas ganas de chegar a acordos no debate do Estado do País, mentres que os populares din que xa ofreceron actodos en 70 resolucións.

Parlamento de Galicia
Parlamento de Galicia | Fonte: Parlamento

Neste sentido, a viceportavoz primeira do BNG no Parlamento, Ollala Rodil, denunciou que o PP "veta" as súas propostas e lamentou "profundamente" a "falta de vontade negociadora" que, na súa opinión, mostra o PP; unha "falta de interese" en chegar a pactos que tamén critica o PSdeG, que considera que a formación popular "non está moi interesado en chegar a acordos".

O BNG sostivo que presentou ata 13 ofertas de transacción coa vontade de chegar a acordos sobre os temas que "de verdade preocupan ás galegas e aos galegos, para mellorar as condicións de vida da xente e facer que Galicia avance". Con todo, indicou o PP non mostrou vontade de achegar posturas e, ao longo da tarde, "xa dixo que non a acordos en temas de tanta relevancia como a saúde mental, dependencia, vivenda, infancia, lingua e mocidade".

Na mesma liña situáronse os socialistas. Fontes da formación que lidera José Ramón Gómez Besteiro aseguraron que tamén constatan que o PP "non está moi interesado en chegar a acordos: só quere falar do seu". O PSdeG asegura que as propostas do PP resúmense nun "cambia todo o teu para meter o meu". "E así, como é evidente, resulta imposible avanzar". "Hai pouca vontade de diálogo por parte do PP e pouca concreción no resto de grupos", apunta o PSdeG.

Pola súa banda, o PP galego trasladou ao resto de grupos con representación no Parlamento --BNG, PSdeG e Democracia Ourensana (D.O.)-- un total de 70 ofertas de transacción, para tratar de sacar adiante propostas de resolución no marco do Debate sobre o Estado da Autonomía. Así mesmo, segundo fontes do partido, mentres se apuran as negociacións na Cámara autonómica, os populares tratan de articular un acordo que sexa "asumible para todos" en materia de financiamento e débeda.

O deputado de Democracia Ourensana, Armando Ojea, instou ao PPdeG e á Xunta a cumprir as propostas de resolución acordadas e que se votarán nesta xornada do Debate sobre o Estado da Autonomía.

"Que non teña a tentación tan clara de discriminar á provincia de Ourense porque se vai a ver. Vaise a visualizar moito mellor, salvo que cambien de estratexia, esa discriminación", aseverou tras chegar a un acordo cos populares en cinco das súas propostas e aceptar tamén transaccións noutro sete das 29 que presentou.

TENSIÓN NA MESA DO PARLAMENTO

A tensión deixouse notar este venres na reunión da Mesa do Parlamento, órgano reitor da Cámara autonómica, que deu o pistoletazo de saída á última xornada deste primeiro Debate sobre o Estado da Autonomía da lexislatura.

Fontes de PP e PSdeG consultadas por Europa Press ratificaron que, no marco deste encontro, a representante do BNG na Cámara, a vicepresidenta segunda, Montste Prado, manifestou a súa desconformidade con varios acordos selados o día anterior entre o PP co deputado de Democracia Ourensá (D.O.), Armando Ojea, e outro co PSdeG en materia de Educación.

A queixa do BNG, que na pasada xornada non alcanzou ningún consenso cos populares, denunciaba que os acordos non se axustaban ao regulamento, polo que non deberían ser ratificados para a votación en pleno, baséase en que estes acordos non se alcanzaron por unha "transacción como tal", é dicir, casando dúas propostas sobre un mesmo asunto entre dous grupos. Os acordos que para o Bloque non se axusta alcanzáronse co PP cedendo os grupos a modificar as súas propostas iniciais, o que se entende como unha 'emenda'.

Os acordos que para o Bloque non se axusta alcanzáronse co PP cedendo os grupos a modificar as súas propostas iniciais, o que se entende como unha 'emenda'. Fontes consultadas por Europa Press ratificaron que, nesta conxuntura e tras un debate "intenso", o presidente da Cámara, Miguel Santalices, pediu que se votase e Prado quedou soa na súa protesta, tendo en conta que populares e socialistas rexeitaron as pretensións dos nacionalistas.

Fontes do PPdeG lembran que noutros debates previos fraguáronse acordos por esta vía sen que houbese "queixas deste tipo" e manifestaron a súa "sorpresa" porque o Bloque "multiplique a súa aposta polo non tentando vetar os acordos entre outras forzas políticas". Pola súa banda, fontes do PSdeG manifestaron o seu malestar pola actitude do BNG, ao que acusan de tentar "cernar acordos" doutras formacións. En fronte, fontes nacionalistas han relativizado o calado do conflito e incidiron en que "a diferenza" con anos anteriores reside en que "sempre había acordo entre todos os grupos". "Esta vez o PP fai o de sempre, usa o seu rodete e o regulamento á súa medida", denunciaron.

PSDEG

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG, Elena Espinosa, criticou a falta de "aposta decidida" da Xunta polos galegos. "Non a atoparía nin Paco Lobatón", dixo para pedir á bancada popular que aprobe as propostas presentadas polos socialista no Debate do Estado da Autonomía.

A parlamentaria socialista, cuxa formación a falta de votación chegaron a dous acordos co grupo maioritario en materia de saúde mental e educación, foi a encargada de defender as propostas presentadas polo PSdeG no debate de política xeral nunha intervención que iniciou pondo en valor a xestión do Goberno de Pedro Sánchez en diferentes asuntos como a economía ante a crise dos aranceis fronte ao que cualificou de "inacción" por parte do Executivo autonómico.

Elena Espinosa lamentou que Galicia vaia a "rebufo" de España en crecemento e criticou a "hipocrisía dun PP" que centra as súas propostas en reclamar cuestións ao Goberno que cando o propio PP está a Moncloa non pide. "O PP e Rueda quéixanse permanentemente do financiamento, pero cando gobernaba o PP en España, cando gobernaba Mariano Rajoy, non foi capaz de modificalo nin o tentou", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta