Temas: BNG ANOVA TRIVES

Anova e o BNG, unidos nun novo proxecto político

Estas formacións, xunto con outras nacionalistas de corte independente, acaban de crear a Asemblea Nacionalista do Macizo Central para defender os intereses comúns desta comarca de Ourense.

Por Galicia Confidencial | Trives | 10/05/2016 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Defensa incondicional dos símbolos de identidade, lingua e cultura e a defensa nacional da Galicia, ecoloxismo e feminismo, o agro e a gandería ou as infraestruturas, son algúns dos puntos de interese común que defenderá conxuntamente BNG, Anova e outras formacións de corte nacionalista nunha nova plataforma política.

Constitución formal da Asemblea Nacionalista do Macizo central con militantes de BNG, Anova e outras formacións
Constitución formal da Asemblea Nacionalista do Macizo central con militantes de BNG, Anova e outras formacións | Fonte: Anova

A Asemblea Nacionalista do Macizo Central colleu forma nunha asemblea celebrada o pasado 23 de abril na Proba de Trives con militantes e simpatizantes nacionalistas dos concellos de Manzaneda, Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas, A Teixeira e Montederramo, entre os que se atopaban alcaldes e concelleiros das diferentes candidaturas nacionalistas con representación institucional nestes concellos de Ourense.

O seu principal obxectivo é defender os dereitos e os intereses dos veciños desta comarca, principalmente, o despoboamento no rural, os servizos públicos, as infraestruturas, os incendios forestais, o ataque de animais ó gando ou o uso dos glifosatos, por parte das administracións.

“Saudamos e valoramos positivamente o comezo desta asemblea, xa que os concellos do Macizo Central partillamos problemáticas que esixen solucións comúns, a comezar polo caciquismo que agrava a fonda depresión socio-económica e demográfica que abala o presente e ameaza o futuro das nosas veciñas e veciños”, sinalan nun manifesto.

Por iso, uníronse para crear unha fronte común “fronte as agresións e a discriminación” que o Macizo Central leva sufrido durante anos cos diferentes gobernos do Partido Popular. “Estaremos pontenciando, apoiando e coordinando iniciativas políticas, sociais, culturais, económicas, deportivas, etc que teñan como finalidade o desenvolvemento dos concellos da zona”, suliñan no seu manifesto fundacional.

Con todo,  advirten que en políticas de carácter xeral de Galicia ou do Estado ou procesos electorais autonómicos ou xerais, “cada membro desta Asemblea participará ou apoiará as da sua organización política no caso dos que son militantes, e os non militantes a quen eles consideren máis conveniente”. Tamén, suliñan que, en ningún momento esta asemblea se usará para ningún tipo de coalición nin como arma electoral en ningún comicio vindeiro.

Temas: BNG ANOVA TRIVES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

7 Hiato

Agresions, defensa nacional... que bó, a-ha, a-ha, e coa bandeira da ditadura comunista de Cuba detrás. Outro novo cacicato en Ourense. Iso é todo

6 nostrus

Xuntanza de renegados e resentidos para laiarse en grupo para que os lamentos sexan mais levadeiros. Estes grupusculos só teñen por obxetivo finiquitar a nacion da que forman parte e non atopo a adiviñar cales serian as vantaxes para a sociedade si ditos grupusculos conseguiran os seus obxetivos. Menos mal que son moi debiles e a sua debilidade é a nosa salvacion. Frente a eles estan os de C´s que teñen como obxetivo o benestar das personas.

1 bobus

renegado sí que es ti, aparte de un ignorante de tres pares

5 Mateu

Escápasevos CxG. Os túzaros.

4 Gamela

ANMC (outra vaca máis no millo) ?

3 Antonimus

Si, a refundación do nacionalismo político é unha necesidade e vai camiño de facerse fóra do BNG . Hai siglas que conlevan unha carga negativa (neste caso herdado do bipartito) e hai organizacións que son un lastre, pois queren "refundarse" cos elementos que conduciron á marxinalidade para acabar facendo unha organización "Frankenstein", cos cachos que quedaron da desfeita. Con eses vímbios non vai levar cara a erguer ningunha organización con futuro. Doutra banda, os sectores que andan arredor das mareas están escoitando os cantos de serea e poden obter postos de deputados, pero a costa de estrelar a súa organización contra as rochas, serán os gobernadores civiles da Corte de Don Pablo onde farán as gracias co seu acento. Agora "la Yoli" e os podemitas comezan a dicir que o partido instrumental non asegura o grupo, é mentira, pero o que queren é xustificar manter o "status quo", pois se total esa ferramenta é o mesmo, ¿para que cambiar?.