Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2025 | Actualizada ás 10:23
Un incendio rexistrado nun garaxe dunha vivenda unifamiliar de Ourense saldouse con danos materiais, ao arder tres vehículos, aínda que ninguén resultou ferido, segundo informou o CIAE 112 Galicia.
Os feitos ocorreron na madrugada deste martes, cando un particular, membro da familia afectada, chamou ao 112 para alertar de que acababa de explotar o motor dun dos coches gardados no garaxe da vivenda situada na Rúa do Porteiro.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e dos bombeiros de Ourense, que constataron que as chamas afectaron a tres vehículos. Ademais, o fume xerado e a espuma dos labores de extinción tamén afectaron o resto da vivenda, que tivo que ser desaloxada ata que se realicen as inspeccións técnicas para determinar as causas do lume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.