A etapa que Óscar Pereiro 'malvendeu'

O ciclista galego, vencedor do Tour no 2006, recoñece nun programa de televisión que cobrou 50.000 euros por deixarse gañar unha etapa da edición do 2005 pero sostén que todo foi “unha malinterpretación”.

Por gcdeportes | Vigo | 13/05/2016 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Tería que haber sido a súa primeira gran vitoria, o primeiro gran triunfo de etapa no Tour de Francia, pero quedou con cara de parvo. “En ningún momento, por nada del mundo, conscientemente, habría hecho eso. La primera gran victora de tu vida y la vendes. Es de locos, por eso lo digo avergonzado”.

Óscar Pereiro, no 2005 con Hincapie, na subida a Saint-Lary.
Óscar Pereiro, no 2005 con Hincapie, na subida a Saint-Lary. | Fonte: Le Tour

17 de xullo de 2005. Etapa raíña do Tour de Francia con seis portos polos Pirineos e remate en Saint-Lary Pla d’Adet. O galego Óscar Pereiro, daquela no Phonak suízo, vai como unha moto. Está na escapada boa e, ataque tras ataque, vai deixando atrás a todos os seus rivais. Só queda George Hincapie, gregario de Lance Armstrong, que sofre para seguir a roda do pontevedrés. Os dous saben quen vai gañar, e Hincapie achégase para falar e sóltalle: 50.000. Pereiro entende que é para asegurarse a vitoria, para que o seu acompañante non dispute a etapa despois de ter feito o galego todo o traballo na ascensión. Acepta. Pero cando a 200 metros da liña de meta, ataca o estadounidense, Óscar Pereiro queda con cara de parvo. 

“Entendí que era joven, que nunca me viera en la situación de ganar una gran etapa. Mi equipo, a nivel particular, sí que me primaba por ganar etapas parciales. Yo me sentía muy superior para ganar sin absolutamente nada. Era un momento tan especial para mí, que simplemente el que iba conmigo, me dijo una cantidad y yo hice cálculos: el equipo me paga tanto [80.000 euros], éste me pide tanto... me sale redonda la historia. Y sé que voy a ganar seguro. Me sorprendió, cuando, a 100 metros me ataca por un lado… Fue un malentendido por mi parte”, confesa.

Ninguén entendeu como Óscar Pereiro, moi superior, perdeu aquel día. Chovéronlle as críticas, pero tivo que calar. Agora, once anos depois, no programa de televisión El Chiringuito, recoñece que, alomenos niso o rival foi legal, e recibiu os cartos. “Lo pasé mal porque me sentí un subnormal. Gané al día siguiente, precisamente por un montón de críticas. En ningún momento, por nada del mundo, conscientemente, habría hecho eso, no me habría dejado vencer en una etapa del Tour en mi vida. Imagínate: la primera gran victora de tu vida y la vendes. Es de locos, por eso lo digo avergonzado”.

Ao día seguinte, na 16ª etapa en Pau, Óscar Pereiro conseguiu a súa primeira vitoria no Tour de Francia. Ao ano seguinte, chegou o seu único Tour, a posteriori, tras ser segundo e trala descalificación de Floyd Landis por positivo por testosterona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 xoán

Que cachondo! A súa ignorancia é moito maior do que cabía supoñer. Fixádevos que cando di que fai as súas contas non di o resultado...por se falla! E non se lle dá quitado o acento! Canto debe sufrir!

4 XPC

"Mi hijo aprenderá el gallego, pero el idioma para comunicarse es el castellano". O.Pereiro, intelectual.

3 xepe

Ía sobrado para gañar a etapa e pensa o rival lle pide 50.000 euros por deixarse gañar. Resulta que era para o contrario, avergóñase pero cobra. Meu deus, canto mal fai o metílico!

2 Típico españolito

O fenómeno declararía eses cargos ou todo seria en negro como típico españolito que e. Moita bandeirantes e logo a roubar

1 XPC

O fenómeno da imposición do galego.