Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/05/2025 | Actualizada ás 21:10
Cinco do sete detidos no marco da operación antidroga desta semana en Carballo e A Laracha, dirixida polo Xulgado Número 1 de Carballo, irán a prisión, de acordo co ditaminado tras o seu pase a disposición xudicial nesta xornada.
Segundo informaron fontes xudiciais, os outros dous quedaron en liberdade, aínda que investigados nunha causa que se segue por delitos contra a saúde pública na modalidade de sustancia que causa grave dano á saúde pública e pertenza a grupo criminal.
A actuación foi levada a cabo o martes por axentes da Garda Civil, cun amplo despregamento que culminou coa detención de sete persoas, e con varios rexistros. Así, efectuáronse rexistros domiciliarios na Avenida de Fisterra de Carballo, así como en O Sisto, Xoane e A Ponte Rosende. Tamén levou a cabo outro rexistro na localidade da Laracha.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.