Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/05/2025 | Actualizada ás 10:57
Un traballador tivo que se trasladado tras caer por un barranco co seu camión nunha zona de obras no municipio ourensán de San Cibrao das Viñas. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu minutos antes das 01.00 horas deste sábado, na zona do túnel de Rante. A central de emerxencias solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarios de Galicia-061, os Bombeiros de San Cibrao, o GES do Pereiro de Aguiar e da Garda Civil. Os servizos de emerxencias conseguiron acceder ata a vítima, que presentaba un golpe importante na cabeza e foi trasladado ao hospital de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.