Santalices eloxia o labor social de Ramón Gómez Crespo á fronte de Proxecto Home

Lembrou a súa traxectoria profesional como impulsor de programas innovadores na sensibilización pública e "na promoción de políticas inclusivas e efectivas no ámbito da saúde mental e a prevención de adiccións".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/05/2025 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, eloxiou este sábado "o gran labor social" levada a cabo por Ramón Gómez Crespo durante os máis de trinta anos que estivo á fronte de Proxecto Home en Galicia. O xefe do Lexislativo participou na homenaxe que se celebrou no concello de Parada de Sil, no que Gómez Crespo exerceu varios anos como sacerdote. Na súa intervención, Santalices destacou "a súa dedicación, entrega e compromiso, que permitiron influír de maneira decisiva e positivamente na vida da vítima das drogas e das súas familias". Ademais, lembrou a súa traxectoria profesional como impulsor de programas innovadores na sensibilización pública e "na promoción de políticas inclusivas e efectivas no ámbito da saúde mental e a prevención de adiccións".

Santalices participa nunha homenaxe a Gómez Crespo en Parada de Sil
Santalices participa nunha homenaxe a Gómez Crespo en Parada de Sil | Fonte: PARLAMENTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta