Dificultades para atopar voceiro municipal do PSdeG en Lousame

Dúas renuncias consecutivas obrigan a tirar da lista nas municipais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2025 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O pleno de Lousame tomou coñecemento da renuncia á súa acta da concelleira socialista Ana María Domínguez Laíño, informa o consistorio sobre a candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía.

A renuncia foi formalizada o pasado 1 de maio. O alcalde en funcións, Esteban Ares García, aproveitou para agradecerlle á concelleira "o traballo realizado ao longo destes meses e desexarlle a mellor das sortes na súa vida persoal e profesional".

O pleno tomou tamén coñecemento da renuncia anticipada de Ana Vanesa Martínez Figueroa a asumir a acta que deixa libre Domínguez Laíño polo que o concello enviará unha comunicación á Xunta Electoral Central. Será, engade o consistorio sobre o proceso a seguir, para que se traslade a petición á seguinte persoa na lista, Begoña Maroñas Maroñas.

Concello de Lousame
Concello de Lousame | Fonte: Certo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta