Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2025 | Actualizada ás 19:09
O BNG reclamou ao Goberno central un plan de rexeneración do río Miño, a través dunha iniciativa da senadora Carme da Silva que pide "parar os grandes saltos hidráulicos que se están tramitando". "O Miño non pode funcionar baixo os intereses do gran lobby eléctrico", afirma a senadora que asegura que os problemas dos ecosistemas están a chegar a un punto "de non retorno". "Hai unha enorme cantidade de saltos hidroeléctricos na actualidade que están a condicionar o caudal do río e a súa dinámica, facendo que haxa unha xestión privada do río", apostila.
Noutra orde de cousas, desde o BNG reivindicouse que o Executivo central "admita que a zona de Sálvora non sexa o punto máis adecuado para a vertedura de dragados e lodos". Faino en alusión ás preguntas expostas pola formación nacionalista ao secretario de Estado de Medio Ambiente e subliña o feito de que que se apunte que por parte do Goberno está a serse "especialmente escrupuloso" na análise dos correspondentes informes para "evitar problemas de carácter ambiental".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.