A folga de lavandarías vinculadas á Consellería de Sanidade xa ten publicados no DOG os servizos mínimos

A folga está prevista para o ámbito provincial da Coruña, ao estar localizado o centro de traballo nesta provincia, pero dando servcios a nivel autonómico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2025 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle na súa publicación deste mércores os servizos mínimos para a folga da a empresa Ilunion Lavandarías, comunicada con carácter parcial para os días 15 de maio, das 15.00 ás 23.00 horas; 16 de maio, das 7.00 ás 15.00 horas; 2 de xuño, das 15.00 ás 23.00 horas; 3 de xuño, das 7.00 ás 15.00 horas; 19 de maio, das 15.00 ás 23.00 horas; e 20 de maio, das 7.00 ás 15.00 horas.

A folga está prevista para o ámbito provincial da Coruña, ao estar localizado o centro de traballo nesta provincia, pero dando servcios a nivel autonómico.

Tal e como recolle o DOG, a empresa presta servizos de lavandaría industrial e aluguer de material téxtil a distintos clientes do sector sanitario e hospitalario dependentes da Consellería de Sanidade, entre os que se atopan fundamentalmente a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, a Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061 entre outras fundacións públicas e entidades sanitarias públicas e privadas.

"Por tanto, esta folga afecta á operatividade tanto dos centros hospitalarios como dos de atención primaria (centros de saúde e PAC) e outras entidades sanitarias esenciais para o funcionamento da atención sanitaria.

SERVIZOS MÍNIMOS

Así as cousas, os servizos mínimos inclúen, en persoal de transporte, tres condutores para o 15 de maio; catro o 16 de maio; tres para o día 19; catro para o día 20; tres para o día 2; e catro para o 3 de xuño.

Para o departamento de mantemento, necesitaranse dúas persoas por quenda para garantir o arranque da maquinaria e para atender posibles incidencias ou avarías durante a xornada de traballo.

No que respecta ao persoal de limpeza, será necesaria, polo menos, unha persoa encargada da limpeza das zonas comúns (aseos, vestiarios e comedor) para garantir as condicións de salubridade e hixiene mínimas no centro de traballo.

Para a área de produción, o número mínimo de traballadores necesarios para garantir a operatividade e a continuidade do servizo por zona será tamén dun por quenda.

Apuntan que para a zona de lavado serán necesarias catro persoas para realziar a clasificación e lavado de roupa; para a clasificación da roupa limpa, necesitaranse tres persoas; para a zona de secado, ferro e dobraxe de roupa, necesitaranse sete persoas. Para o mesmo, pero para toallas, unha persoa; para a de mantas, dúas persoas; e para roupa hospitalaria (uniformes de persoal e camisones de pacientes), cinco persoas.

Para a empaquetadora necesitarase unha persoa e para a expedición e entrega final da roupa procesada, outro traballador.

Lavandaría industrial
Lavandaría industrial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta