Compostela, primera cidade galega en aprobar a taxa turística
O pleno extraordinario do Concello de Santiago deu luz verde á implantación da taxa turística. A proposta saíu adiante con votos favorables do BNG, Compostela Aberta, o PSdeG e os catro edís non adscritos, mentres que o PP expresou reservas sobre a tramitación, o diálogo co sector e a capacidade técnica do Concello para a súa aplicación.