Activadas alertas por fortes choivas e treboadas na Coruña e Lugo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2025 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

Galicia estará este domingo en alerta por choivas en varios puntos das provincias da Coruña e de Lugo, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Desta forma, o centro e sur da provincia de Lugo estará en alerta laranxa por treboadas que poden ir acompañadas de sarabia e por precipitacións acumuladas que poden chegar aos 30 mm nunha hora.

Así mesmo, a zona da Mariña, da montaña de Lugo, o noroeste e interior da provincia da Coruña estarán en aviso amarelo por precipitacións e treboadas. Co obxectivo de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da siatución a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas, deputacións, serviciones provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Pola súa banda, a Secretaría Xeral para ou Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva federada no exterior dos concellos do centro e do sur de Lugo desde as 15.00 horas ata a medianoite.

Ante as fortes choivas recomendan circulas con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zona alagada ou que poidan chegar a alagarse e non aparcar preto dos ríos.

Dúas persoas refúxianse da choiva con paraugas na comarca de Salnés / Elena Fernández / Europa Press
Dúas persoas refúxianse da choiva con paraugas na comarca de Salnés / Elena Fernández / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta