A lei galega de recuperación de terras mobilizou máis de 10.200 hectáreas desde maio de 2021

A maior parte desta superficie --unhas 9.500 hectáreas-- corresponde aos 34 polígonos agroforestais de iniciativa pública que se atopan en distintas fases de tramitación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2025 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A lei galega de recuperación de terras agrarias permitiu mobilizar, desde a súa entrada en vigor en maio de 2021, máis de 10.200 hectáreas, segundo o informe anual desenvolvido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta. Tal e como trasladou o conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego --que presidiu en ausencia de Alfonso Rueda--, a maior parte desta superficie --unhas 9.500 hectáreas-- corresponde aos 34 polígonos agroforestais de iniciativa pública que se atopan en distintas fases de tramitación.

Tamén, débense de ter en conta as 574 hectáreas das 21 aldeas modelo aprobadas, así como as case 183 das permutas de especial interese agrario. Paralelamente, lembrou o conselleiro, seguirán traballando con ferramentas como o 'Banco de terras', que xestiona actualmente máis de 7.000 hectáreas de terreo distribuídas en máis de 18.000 parcelas. Ademais, engadiu, están a implementar diferentes instrumentos de planificación, como son o Mapa de usos agroforestais, o Catálogo de chans agropecuarios e forestais ou o Visor de chans agropecuarios e forestais.

Tarefas de roza nun polígono agroforestal en Ourense
Tarefas de roza nun polígono agroforestal en Ourense | Fonte: E.P. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta