Atraca cunha arma un banco en Melide e leva 4.000 euros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2025 | Actualizada ás 21:14

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil despregaron un operativo para localizar a un home que este luns atracou unha sucursal bancaria no municipio coruñés de Melide e levou 4.000 euros. Segundo fontes da investigación consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron sobre as 13.50 horas cando home entrou coa cara descuberta nunha oficina bancaria situada na rúa Alexandre Bóveda portando unha arma que polo momento se descoñece se era real ou simulada.

O presunto autor do atraco esixiu aos empregados que lle desen o diñeiro da caixa, levando finalmente uns 4.000 euros. Tras producirse o roubo, un equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Santiago fíxose cargo da investigación e trata de identificar e localizar o presunto autor, que cren que se deu á fuga nun vehículo.

Axente da Garda Civil / Garda Civil - Arquivo  / Europa Press
Axente da Garda Civil / Garda Civil - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta