O alcalde de Ferrol busca investidores en Marrocos que construirán nos territorios ocupados do Sáhara Occidental

Rey Varela destacou o potencial industrial e portuario da cidade no marco dunha misión comercial inversa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2025 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, recibiu á primeira hora da mañá deste xoves ao CEO do Grupo MMSA de Marrocos, Sidi Mohamed Alaoui, no contexto dunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal (COFER) con motivo dunha misión comercial inversa deste país.

Trátase dunha técnica de promoción empresarial que permite a empresas estranxeiras coñecer as oportunidades de negocio nun mercado exterior. Neste caso, MMSA, empresa contratista da compañía estatal de mantemento industrial OCP, está interesada na contratación de traballos relacionados coa construción dun novo porto no Aiún, a cidade máis importante do Sahara Occidental e outros proxectos industriais no Sahara.

Durante o encontro, celebrado na Alcaldía de Ferrol, o rexedor trasladou a Sidi Mohamed Alaoui as potencialidades que ofrece a cidade. Posteriormente, Rey Varela tamén participou, no Parador de Turismo de Ferrol, na reunión xunto a outros axentes económicos e empresariais da comarca, dentro do encontro organizado por COFER.

Crianzas saharauís
Crianzas saharauís | Fonte: mrnmagazine.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta