Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 23/05/2025 | Actualizada ás 13:03
O Servizo Marítimo Provincial (SMP) da Garda Civil da Coruña incautou 227,5 quilogramos de sardiñas na Coruña. Os feitos aconteceron cando os efectivos do SMP, que se atopaban realizando un servizo propio da especialidade, observaron un camión de transporte refrixerado co condutor no seu interior estacionado no bordo da estrada AC-552 no termo municipal de Baio.
Os gardas civís actuantes aproximáronse ao vehículo para coñecer o motivo da detención e comprobar a mercadoría que transportaba, resultando ser varios palets de caixas de sardiñas, polo que solicitaron ao condutor a documentación que amparase o seu transporte, amosándolles este os albaráns correspondentes.
Ante a sospeita de que o peso reflexado nos albaráns non correspondía co real da mercadoría, os gardas civís optaron por acompañar ao vehículo ata o destino manifestado, no Porto da Coruña, para verificar o peso na Lonxa desa instalación. Unha vez realizada a pesaxe, o total superaba en 227,5 quilogramos o declarado nos albaráns de transporte.
A Garda Civil procedeu á confección da correspondente acta-denuncia por suposta infracción á Lei 11/2008 de pesca de Galicia e á incautación dos 227,5 quilos de exceso. As sardiñas decomisadas foron depositadas na Lonxa da Coruña para a súa recollida polo Banco de Alimentos Rías Altas.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Buscan a un mozo na lagoa de Pedras Miúdas, en Catoira
- Benvida do Parlamento aos nenos saharauís que pasarán o verán en Galicia co programa 'Vacacións en paz'
- Morre un home de 78 anos na praia da Lanzada no Gove
- Dimite a dirección do IES Valadares de Vigo ante a falta de recursos para atender aos alumnos con necesidades especiais
- A investigación incide en fallos "inaceptables" na comporta do 'Argos Georgia' que provocaron o naufraxio e 13 mortos
- Intervidos 1.300 quilos de cocaína nun buque portacontedores que realizaba a ruta Vigo-Málaga