Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2025 | Actualizada ás 18:37
A decisión adoptada pola Xunta de ampliar a idade da poboación diana que pode participar no cribado do cancro de mama demostra a súa efectividade tras a detección de 442 novas lesións oncolóxicas.
Tal e como lembran nun comunicado, en setembro de 2023, a Xunta decidiu ampliar de forma pioneira o rango de idade da poboación diana para participar no programa de detección precoz do cancro de mama ata os 74 anos.
Así, durante a primeira rolda de cribado deste grupo etario, a Consellería de Sanidade convidou a participar a un total de 79.422 usuarias, alcanzando unha participación do 80,6% (64.020 usuarias).
Das 64.020 mulleres exploradas, 1.578 foron derivadas á confirmación diagnóstica tras observarse a posibilidade de sufrir algunha lesión de tipo cancerígeno.
Finalmente, a realización dunha segunda proba confirmou un total de 443 novos casos.
Destacan que o 71% dos novos cancros detectados no tramo de idade 70-74 anos, atópanse en estadios precoces e non presentan afectación ganglionar superior á observada nas mulleres de 50-69 anos.
Nesta liña, e seguindo coa comparativa co grupo de idade inmediatamente anterior, 50-69 anos, tamén destaca que a taxa de detección de cancro no grupo 70-74 anos é dos 6,92 casos por cada 1.000 mulleres exploradas, unha taxa significativamente superior á obtida no grupo de 50 a 69 anos (4,13 por 1.000 mulleres exploradas).
A análise deste conxunto de datos apunta que o programa pode ter un maior impacto no grupo de idade de 70 a 74 anos, pois presenta unha maior sensibilidade e diagnostícanse máis cancros en estadios precoces.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.