Galicia espera temperaturas altas ata o sábado, con zonas de Ourense chegando aos 36º

A Xunta recomenda beber máis liquido e evitar o sol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2025 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

Galicia espera desde este mércores, día 28 de maio, e ata o vindeiro sábado, día 31, unha importante subida das temperaturas polo que a Consellería de Sanidade trasladou unha serie de recomendacións á poboación que se centran, fundamentalmente, na alimentación e na exposición ao sol.

E é que ata o vindeiro sábado, segundo a información de Meteogalicia, Galicia rexistrará temperaturas que poderán superar os 30 graos en zonas como Ourense, onde os termómetros poderán alcanzar os 36 graos. Por este motivo, Meteogalicia activou para o xoves e o venres o aviso amarelo por temperaturas máximas nas zonas do Miño en Ourense e Pontevedra, así como na comarca de Valdeorras.

Ante iso, a Consellería de Sanidade aconsella beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Así mesmo, débese evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té e bebidas con moito azucre. Pola súa banda, e no que respecta á alimentación débese priorizar comer verduras e froitas, evitando as comidas copiosas.

Respecto da vestimenta, recoméndase empregar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, chapeus, lentes de sol e cremas protectoras solares. O calzado deberá ser cómodo, fresco e que transpire. No interior dos edificios permanecerase, se é posible, en espazos ventilados ou acondicionados, utilizando as habitacións máis frescas da vivenda. Durante o día, aconséllase baixar as persianas e pechar as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar. 

Así mesmo, convén non ir á praia nas horas de máxima calor, no mediodía e nas primeiras da tarde. Ademais nunca se debe quedar durmido tomando o sol. Respecto das cremas de protección, débense utilizar as de maior protección posible e nunca inferior a factor 15.

Arquivo - Dúas persoas gozan na zona termal de Ourense, a 12 de xullo de 2022, en Ourense, Galicia (España). Os termómetros da práctica totalidade do territorio galego alcanzarán valores ?extremos? debido á onda de calor que comezou a semana. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Dúas persoas gozan na zona termal de Ourense, a 12 de xullo de 2022, en Ourense, Galicia (España). Os termómetros da práctica totalidade do territorio galego alcanzarán valores ?extremos? debido á onda de calor que comezou a semana. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta